Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 26 de maio de 2003 Páx. 6.792

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CONSORCIO AS MARIÑAS (A CORUÑA)

EDICTO.

O Pleno do Consorcio As Mariñas, na súa sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de marzo de 2003, tomou, entre outros, o seguinte acordo.

Primeiro.-Fixa-lo domicilio do Consorcio As Mariñas no lugar de Bos, naves O Carballal, nº 4, Guísamo, C.P. 15640, municipio de Bergondo.

Segundo.-Notificárlle-lo cambio de domicilio ós entes consorciados.

Terceiro.-Proceder á publicación no BOP, no Diario Oficial de Galicia e, alomenos, nun xornal de grande difusión, así como a comunicárllelo á Administración estatal e autonómica.

Cuarto.-Manter, de maneira provisional, o rexistro xeral do consorcio no rexistro xeral do Concello de Culleredo.

O que se fai público para xeral coñecemento, en cumprimento do acordo adoptado e de conformidade co disposto no artigo 3.3º dos estatutos do consorcio.

Culleredo, 11 de abril de 2003.

Antonio Roncero Corrochano

Xerente do Consorcio As Mariñas