Por Decreto da Alcaldía do 6 de maio de 2003, resolveuse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do Plan parcial de ordenación SUP nº 4 Castelo de Santa Cruz do Plan xeral de ordenación municipal urbana da Guarda, redactado polos arquitectos Javier Martínez Diez e Luis Miguel Zozaya Servera e a arqueóloga Ana Filgueiras Rey.
O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, significando que procede a apertura do trámite de información pública durante 1 mes contado a partir da publicación deste anuncio no DOG, durante o que poderá ser examinado o correspondente expediente no departamento de urbanismo deste concello de luns a venres en horarios de oficina de 9 a 14 horas, e formular perante esta Alcaldía as alegacións que se consideren oportunas.
A Guarda, 8 de maio de 2003.
José Luis Alonso Riego
Alcalde

