Resolución do Concello de Ourense para a contratación da xestión indirecta do servicio de conservación e mantemento das instalacións semafóricas e control de tráfico, sistema T.V.C.C., sala de control e do sistema de control de acceso ó núcleo histórico (TAG) sitas no termo municipal de Ourense.
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Patrimonio e Contratación.
c) Número de expediente: 40/2002.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: xestión de servicio público.
b) Descrición do obxecto: conservación e mantemento das instalacións semafóricas e control de tráfico, sistema T.V.C.C., sala de control e do sistema de control de acceso ó núcleo histórico (TAG) sitas no termo municipal de Ourense.
c) Boletín e data de publicación do anuncio de licitación: BOP de Ourense o 31 de xaneiro de 2003; Diario Oficial de Galicia o 25 de febreiro de 2003.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 456.204,03 euros/ano, IVE incluído.
5. Adxudicación:
a) Data: 2 de maio de 2003.
b) Contratista: Sociedad Ibérica de Construcciones Eléctricas, S.A.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe adxudicación: 443.676,49 euros/ano, IVE incluído.
Ourense, 7 de maio de 2003.
Manuel J. Cabezas Enríquez
Alcalde

