Aprobado pola Comisión de Goberno do Concello de Meis o prego de condicións xurídicas e económico-administrativas que rexerán a contratación do concurso, procedemento aberto e tramitación urxente, de proxecto e obra de abastecemento de auga na parroquia de San Tomé de Nogueira, do POL/2003.
Quedan expostos ó público durante catro días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación do último anuncio no BOP ou no DOG, co obxecto de presentación de reclamacións.
Simultaneamente, anúnciase concurso público, ben que a licitación se aprazará no caso de presentarse reclamacións ó prego de cláusulas administrativas.
-Prezo de licitación: 87.222,60 euros.
-Garantías: provisional: 2% do tipo de licitación. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
-Prazo de execución: dous meses.
-O modelo de proposición, pregos de cláusulas administrativas e demais documentación están á disposición dos interesados nas oficinas municipais, tódolos días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas.
-Presentación de proposicións: nas oficinas deste concello das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de trece días naturais a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio no BOP ou no DOG.
-Criterios de adxudicación: proxecto: mellor solución técnica. Obra: melloras na calidade dos materiais e reducción do prazo de execución.
-Apertura de proposicións, sobre B: no salón de sesións do concello, ás 13.00 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de propostas.
Meis, 22 de abril de 2003.
José Luis Pérez Estévez
Alcalde

