Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 10 de xuño de 2003 Páx. 7.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2003 pola que se anuncia concurso urxente para contrata-las obras do proxecto básico e de execución do centro de formación do sector da construcción na rúa Padilla, esquina Moratín.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Negociado de Infraestructuras.

1.3. Número de expediente: ref. 1513.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: concurso, mediante procedemento aberto e tramitación urxente, para contrata-las obras do proxecto básico e de execución de centro de formación do sector da construcción na rúa Padilla, esquina Moratín.

2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do replanteo e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de oito meses.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

4.1. Importe total: 651.117,96 euros, IVE incluído.

5. Fianzas:

5.1. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención da documentación e información:

6.1. Entidade: Negociado de Infraestructuras.

6.2. Enderezo: r/ Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos:

7.1. Poderán concorrer a este concurso as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica, e non estean incursas en causa de prohibición ou incompatibilidade e que teñan a seguinte clasificación: grupo C, subgrupos todos, categoría e.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o último anuncio no BOP ou DOG, das 9.00 ás 13.00 horas.

8.2. Documentación que hai que presentar: a que se sinala no artigo 5 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na praza Maior, 1, das 9.00 ás 13.00 horas.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: tres meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.00 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de condicións técnicas, xurídicas e económicas do concurso.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 7 de maio de 2003.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde