o Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na súa sesión do 24 de abril de 2003, aprobou definitivamente a modificación punutal do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica
(PE-1) da rúa Lagartos, número 44 redactada polos servicios técnicos municipais.
O acto da aprobación definitiva da citada modificación puntual do Plan especial foi comunicado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con data do 2 de maio de 2003, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
De acordo co sinalado no artigo 92.2º da citada lei, publicouse no BOP número 115 o día 22 de maio de 2003 o texto íntegro da normativa.
Contra o acordo de aprobación definitiva da citada modificación puntual do Plan especial poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2003.
Xosé A. Sánchez Bugallo
Alcalde

