Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 10 de xuño de 2003 Páx. 7.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2003 pola que se convoca un concurso, con procedemento aberto, para a contratación dos servicios de organización e coordinación de cursos de fútbol nos anos 2003 e 2004. (Expediente 5050/2003 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: contratación do servicios de organización e coordinación de cursos de fútbol nos anos 2003 e 2004.

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: o presente contrato deberá de executarse da seguinte forma:

Cursos e actividades correspondentes ó ano 2003: deberán estar executadas antes do día 31 de decembro de 2003.

Cursos e actividades correspondentes ó ano 2004: deberán estar executadas antes do día 31 de decembro de 2004.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: o importe máximo autorizado para esta contratación ascende á cantidade de 300.000 euros, IVE incluído e desagrégase do seguinte modo:

Anualidade 2003: 150.000 euros.

Anualidade 2004: 150.000 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite, ata as 13.00 horas do prazo de 15 días naturais contado a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 2 de xuño de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña