Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 10 de xuño de 2003 Páx. 7.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de poxa, con procedemento aberto, da parcela 55 do polígono industrial de Sabón.

Obxecto: alleamento da parcela número 55 do polígono industrial de Sabón para a instalación dunha industria.

A superficie, tipo de licitación e garantía provisional que haberá que depositar son os seguintes:

Parcela: 55.

Superficie: 14.927 m.

Prezo: 1.211.176,78 euros.

Garantía provisional: 24.223,54 euros.

Garantía provisional: consiste no 2% do prezo de licitación, que será depositada no Servicio de Patrimonio e Contratación (5ª planta do Palacio Provincial).

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: as plicas poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación no prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da

última publicación do presente anuncio no DOG e no BOP.

Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 29 de maio de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña