Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 12 de xuño de 2003 Páx. 7.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos de Eganet Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o 5 de maio de 2003, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, José Luis Álvarez Pérez, avalada co visto e prace do presidente, José Ramón Pais, onde se reflicten os acordos acadados na reunión que tivo lugar o 9 de abril de 2003, pola asemblea xeral extraordinaria, e que consisten na modificación de diversos artigos dos estatutos.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral Relacións Laborais