En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o 29 de abril de 2003, a acta da reunión da xunta extraordinaria que tivo lugar o 22 de outubro de 2002, expedida polo secretario da referida asociación, José Rodríguez Iglesias, avalada co visto e prace do presidente, Luis Martínez Trigo, onde se reflicte a modificación acadada e que consiste na modificación do artigo 27 dos estatutos.
Santiago de Compostela, 6 de maio de 2003.
Pilar Cancela Rodríguez
Directora xeral Relacións Laborais

