De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial achega certificado a secretaría de organización de Federación de Organizaciones de Autónomos y Profesionales de la Provincia de Pontevedra-OO.AA.PP.-UPTA Pontevedra, dando conta da elección da nova executiva provincial e da modificación dos artigos 24 e 28.6º dos estatutos, xuntándose novo texto deles, sen que se alteren os ámbitos territorial e profesional.
Asinan a acta de modificación dos estatutos José Conde García e outra.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 26 de maio de 2003.
Joaquín Macías Sánchez
Delegado provincial de Pontevedra

