1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
c) Número de expediente: EC/0009/02/SV.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para os servicios de limpeza para a sede da Demarcación Galicia Centro do Organismo Autónomo Augas de Galicia.
b) División por lotes e número: non hai división.
c) Lugar de execución: Santiago de Compostela.
d) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): vintecatro (24).
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación. Importe total: dezaoito mil cento setenta e catro euros con setenta e dous céntimos (18.174,72 A).
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: organismo autónomo Augas de Galicia.
b) Enderezo: praza Camilo Díaz Valiño, s/n.
c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
d) Teléfono: 981 54 49 95.
e) Telefax: 981 54 19 87.
f) Data límite de obtención de documentos e información: o oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación, se é o caso: non se esixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a solvencia económica e financeira acreditarase polos medios establecidos no artigo 16.1º, letra a), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño); a solvencia técnica e profesional acreditarase polos medios establecidos no artigo 19, letras c) e e), da mesma lei.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, ás 14 horas.
b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia. Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ó órgano de contratación, no mesmo día da imposición, mediante télex, telegrama ou fax, o envío da documentación para concorrer ó concurso.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
d) Data: 10 de xullo de 2003.
e) Hora: 10.30 horas.
10. Apertura do sobre A: terá lugar o acto público de apertura do sobre A (documentación persoal) o día 3 de xullo de 2003, ás 10.30 horas, na sala de xuntas A da Consellería de Medio Ambiente.
11. Garantía definitiva: catro por cento (4%) do orzamento de adxudicación.
12. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
13. Portal informático ou páxina web onde figuran informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2003.
P.D. (Resolución 9-4-2003)
Emilio García Gallego
Director xeral do organismo autónomo Augas
de Galicia

