O presidente de Portos de Galicia acordou, por Resolución do 23 de maio de 2003, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 6.3º da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público, a adxudicación do concurso aberto para a selección dunha oferta para o outorgamento dunha concesión de ocupación de dominio público portuario do porto de Moaña, para a construcción e explotación de instalacións para a navegación recreativa, autorizando o inicio da tramitación correspondente de acordo co previsto na lexislación vixente en materia de concesións no dominio público portuario dependente de Portos de Galicia.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: ente público Portos de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicios Centrais. Área de Explotación e Planificación.
c) Número de expediente: 13-21-02-C-1.
2. Obxecto do concurso.
a) Descrición do proxecto: o obxecto do concurso é a selección dunha oferta para o outorgamento, previa a tramitación correspondente, dunha concesión de ocupación de dominio público portuario do porto de Moaña para a construcción e explotación de instalacións para a navegación recreativa.
b) Boletín, diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, nº 204, do 22 de outubro de 2002.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Adxudicación.
a) Data: 23 de maio de 2003.
b) Adxudicatario: Club Social Moaña Mar.
c) Nacionalidade: española.
Contra esta resolución de adxudicación, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra a dita resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2003.
Carlos Negreira Souto
Presidente do ente público Portos de Galicia

