Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 12 de xuño de 2003 Páx. 7.687

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente EDD 6/03).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 16 de maio de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Admitir a trámite con carácter de aprobación inicial o estudio de detalle para ordenación de volumes no ámbito da parcela do colexio público Raquel Camacho, promovido polo Concello da Coruña e redactado por José Miguel Vázquez García.

Segundo.-Solicitar informe técnico municipal sobre a conformidade do estudio de detalle redactado coa lexislación vixente e a calidade técnica da ordenación proxectada.

Terceiro.-Someter a información pública polo prazo de vinte días o estudio de detalle mediante anun

cio que se publicará no DOG e na prensa local.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo de vinte días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de información do Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, s/n, en horario laboral de 12.00 a 13.30 horas, de luns a venres.

A Coruña, 26 de maio de 2003.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo