O Pleno deste concello, en sesión extraordinaria celebrada o día 22 de maio de 2003, aprobou definitivamente, por unanimidade dos dez membros asistentes á dita sesión, a modificación puntual do plan parcial de ordenación do parque empresarial de Arzúa, que ten por obxecto modifica-los recuamentos mínimos obrigatorios laterais entre estremeiros das parcelas con uso industrial-comercial, en tódolos seus graos, co fin de introduci-la posibilidade de acaroar entre si as edificacións que se fagan dentro desa mesma cualificación do solo.
O que se fai público para a súa executividade, cumprindo así co disposto no artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación do presente acordo, de conformidade co disposto no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; ou ben impugnalo directamente ante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa.
Se se opta pola interposición do recurso potestativo de reposición, deberá ser resolto e notificado polo concello no prazo dun mes, segundo establece o artigo 117.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Trans
corrido un mes desde a interposición do recurso de reposición sen que teña recaído resolución en prazo, entenderase desestimado, e poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo.
Contra a resolución expresa do recurso de reposición ou ben directamente contra o presente acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 10.1º a) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da devandita resolución ou ó da publicación do presente acordo; se a resolución non fose expresa, o prazo de interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses, e contarase a partir do día seguinte a aquel no que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso potestativo de reposición interposto, segundo establecen os artigos 46.1º e 4º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Advírtese que tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados coiden pertinente na defensa dos seus intereses.
Seguidamente faise constar, que para os efectos de dar cumprimento ó disposto no artigo 92.3º, da devandita Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, remitiuse á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda unha copia autenticada dos exemplares do instrumento aprobado definitivamente, con tódolos planos e documentos que integran a modificación sobre a que recae o acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.
Arzúa, 4 de xuño de 2003.
Manuel Moscoso López
Alcalde

