Convocado proceso selectivo para a provisión en propiedade de dúas prazas de subalterno de Administración xeral no Concello de Bueu, unha vez concluído o tribunal seleccionador, formula con data 14 de marzo, relación de aspirantes aprobados no proceso.
A lexislación aplicable na materia ven determinada pola Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, R.D. 781/1986, Lei 30/1984, e Lei 4/1988, da función pública de Galicia e demais normativa concordante.
Seguidos os trámites legais e unha vez cumprido polo aspirante o requisito establecido na base 12 da convocatoria, vista a normativa de aplicación que se cita e de conformidade coa relación de aprobados no proceso selectivo efectuada polo tribunal seleccionador con data 14 de marzo de 2003.
RESOLVO:
Nomear para o referido posto a Berta Juncal Alves, nas condicións que se determinan na lexislación aplicable e con efectos desde o día da toma de posesión.
A toma de posesión do posto producirase no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a aquel en que lle sexa notificado.
Bueu, 24 de marzo de 2003.
Tomás Barreiro Sotelo
Alcalde-presidente
M. Concepción Campos Acuña
Secretaria

