Convocado proceso selectivo para a provisión en propiedade de dúas prazas de subalterno de Administración xeral no Concello de Bueu, unha vez concluído se formula polo tribunal seleccionador, con data 14 de marzo, relación de aspirantes aprobados no proceso.
A lexislación aplicable na materia ven determinada pola Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, R.D. 781/1986, Lei 30/1984, e Lei 4/1988, da función pública de Galicia e demais normativa concordante.
Seguidos os trámites legais e unha vez cumprido polo aspirante o requisito establecido na base 12 da convocatoria, vista a normativa de aplicación que se cita e de conformidade coa relación de aprobados no proceso selectivo efectuada polo tribunal seleccionador con data 14 de marzo de 2003.
RESOLVO:
Nomear para o referido posto a Francisco Martín Otero Villanueva, nas condicións que se determinan na lexislación aplicable e con efectos desde o día da toma de posesión.
A toma de posesión do posto producirase no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a aquel en que lle sexa notificado.
Bueu, 24 de marzo de 2003.
Tomás Barreiro Sotelo
Alcalde-presidente
M. Concepción Campos Acuña
Secretaria

