A Comisión de Goberno, en sesión do 2 de xuño de 2003, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación da unidade de execución nº 7 das normas subsidiarias de planeamento de Cambre, situada no Temple, presentado por Jorge Riveiro Pita, Jaime Riveiro López-Rioboo e outros e redactado polo arquitecto José Ramón Díaz Barbeito.
O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se estimen pertinentes. O expediente poderá ser consultado nas oficinas da Área de Urbanismo e Réxime Interior deste concello.
Cambre, 5 de xuño de 2003.
P.D. (Decreto alcaldía 23-7-1999)
Augusto Rey Moreno
Alcalde en funcións

