A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 25 de abril de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Aprobar inicialmente o documento de modificación puntual do artigo 71 do Plan especial
de protección e reforma interior da Cidade Vella e Pescadería, redactado por técnicos municipais.
Segundo.-Obter da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo informe ó documento de modificación puntual.
Terceiro.-Somete-lo documento a información pública, por prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de mais circulación da provincia; neste último caso, o anuncio deberá publicarse en dous días consecutivos.
Cuarto.-Dilixencia-los exemplares de modificación puntual.
O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que, á vista do expediente, se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de información do Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, s/n, en horario laboral, de 12.00 a 13.30 horas, de luns a venres.
A Coruña, 6 de maio de 2003.
Salvador Fernández Moreda
Concelleiro delegado de Urbanismo

