Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 13 de xuño de 2003 Páx. 7.758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD 12/2002).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 25 de abril de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle para fixa-las rasantes da vía de conexión entre a rúa Joaquín Galiacho e Camiño da Igrexa, promovido polo concello.

Segundo.-Someter a información pública, polo prazo de vinte días, o expediente administrativo e o documento que contén o estudio de detalle, anunciando tal exposición pública no Diario Oficial de Galicia e na prensa local. Durante o citado prazo os interesados poderán formular ó documento cantas alegacións teñan por conveniente.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo de vinte días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de información do Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, s/n, en horario laboral, de 12.00 a 13.30 horas, de luns a venres.

A Coruña, 6 de maio de 2003.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo