Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 13 de xuño de 2003 Páx. 7.758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD 2/2003).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 5 de maio de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Tomar coñecemento da resposta emitida polos técnicos municipais á alegación formulada pola comunidade de propietarios do edificio no número 45 da rúa Falperra ó estudio de detalle.

Segundo.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle para a fixación de rasantes do vial de nova apertura no contorno dos polígonos do solo urbano consolidado do Plan xeral de ordenación municipal rúa Falperra I (código identificativo G7.03) e rúa Falperra II (código identificativo G/.04), promovido polo Concello da Coruña.

Terceiro.-Notificar este acordo ós propietarios afectados.

Cuarto.-Publica-lo presente acordo, no prazo máximo dun mes, no Diario Oficial de Galicia e no BOP e comunica-la aprobación ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instumento aprobado definitivamente.

Este acordo pon fin á via administrativa, podendo interpor contra este con carácter potestativo, recurso de reposición perante o órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de calquera outro que estime pertinente.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos neste acordo.

A Coruña, 9 de maio de 2003.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo