de detalle.
Por resolución do día da data, esta alcaldía acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle presentado por Maximino Iglesias Guitián, Lidia García Gómez, e Manuel Barrientos López, para o reaxuste da aliñación na rúa Paredes, en Monforte de Lemos.
O que se fai público, en cumprimento do establecido no artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, advertindo que o expediente atoparase de manifesto na Secretaría do Concello de Monforte de Lemos durante un prazo de vinte días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, prazo durante o que os interesados poderán consulta-lo e formula-las alegacións, reclamacións ou suxestións que estimen oportunas.
Monforte de Lemos, 26 de maio de 2003.
Nazario Pin Fernández
Alcalde

