Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 13 de xuño de 2003 Páx. 7.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. Expediente número: 4/2003.

2. Obxecto do contrato: execución das obras do proxecto de pavimentación núcleos de poboación de Lamas, Saiáns, Santa Xusta, Amil, Cosoirado, Laxe, Rebón, Gargantáns e San Lourenzo.

3. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

4. Orzamento base de licitación: 62.776,82 euros.

5. Garantía provisional: 1.255,54 euros. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Moraña, en horario de 9.00 a 14.00 horas, no prazo de vinteseis días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

7. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de cláusulas administrativas, presentarase de acordo co seguinte modelo:

«D. ..., con DNI núm. ..., expedido en ..., con data ..., en nome propio (ou en representación de ..., como acredita por ...), informado da convocatoria de concurso polo procedemento aberto, anunciado no Diario Oficial de Galicia núm. ..., de data ..., toma parte neste comprometéndose a realiza-la obra de pavimentación núcleos de poboación de Lamas,

Saiáns, Santa Xusta, Amil, Cosoirado, Laxe, Rebón, Gargantáns e San Lourenzo, no prezo de ... (en letra e número), comprendendo esta oferta o prezo da contrata e o importe do imposto sobre o valor engadido, de acordo co proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas que acepta integramente. Lugar, data e sinatura.

8. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Moraña, ás 12.00 horas do quinto día seguinte hábil do remate de presentación de ofertas, excepto sábados.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Moraña, 15 de maio de 2003.

José A. Eiras Paz

Alcalde