Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 13 de xuño de 2003 Páx. 7.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-472).

Por resolución desta alcaldía 2174/2003, de data 19 de maio de 2003, acordouse aprobar inicialmente o Plan especial de acondicionamento da marxe da ría do Burgo/Ponte Pasaxe (P.E.2) en Perillo.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo de 9.00 a 13.00 horas tódolos días laborais, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 22 de maio de 2003.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta