Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 13 de xuño de 2003 Páx. 7.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2003 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de pavimentación de camiños na Valadiña. Tomeza.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno. b) Dependencia tramitadora: Servicio de Contratación.

2. Obxecto: a) Obxecto: execución das obras do proxecto. b) Prazo: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, poxa.

4. Orzamento: 74.000 euros, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica.

5. Garantías: a) Provisional: 1.480 euros. b) Definitiva: 4% da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: lugar: Servicio de Contratación. Praza de España, 36071 Pontevedra. Tfno.: 986 80 43 00.

7. Presentación das ofertas: data límite: 26 días naturais a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no DOG. Documentación: cláusula 16ª do prego. Lugar: rexistro xeral do concello (das 9.00 ás 13.00 horas).

8. Apertura das ofertas: cláusula 19 do prego, ás 9.00 horas na sala de xuntas.

9. Gastos: cláusula 30 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Pontevedra, 9 de maio de 2003.

Raimundo González Carballo

Tenente alcalde delegado de Área

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral