A Comisión de Goberno, en sesión do 14 de abril de 2003, acordou prestar aprobación, con carácter inicial, ó estudio de detalle da parcela nº 5 do campus universitario en desenvolvemento do Plan especial de reforma interior da unidade de actuación nº 19 do vixente Plan xeral de ordenación urbana de Pontevedra, coa finalidade de establece-lo sinalamento de aliñacións, as rasantes e a ordenación de volumes desa parcela, previo á solicitude de licencia para o edificio de Ciencias da Actividade Física e de Deporte. Este estudio de detalle foi formulado pola Universidade de Vigo, e subscrito polo arquitecto José Carlos Rodríguez Otero, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.
Durante o prazo de vinte días contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (Rúa Churruchaos, nº 2, desta cidade), e formula-las alegacións e xustificacións que estime procedentes.
Pontevedra, 5 de maio de 2003.
P.D.
Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo
e Medio Ambiente
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral

