Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 13 de xuño de 2003 Páx. 7.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO.

Por decreto desta alcaldía do 30-5-2003, aprobouse definitivamente o proxecto de compensación do polígono 01-B dentro da área de repartición 29, tramitado como propietario único por instancia de Construcciones Limia, S.L., de conformidade co disposto nos artigos 133.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en relación co disposto na disposición transitoria novena da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, faise público, sinalando que contra o acordo de aprobación se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante a alcaldía no prazo dun mes, ou ben acudir directamente á vía xudicial interpoñendo recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses.

Os prazos que se sinalan contaranse a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Verín, 30 de maio de 2003.

O alcalde

Rubricado