Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 17 de xuño de 2003 Páx. 7.947

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se fai pública a adxudicación do contrato que se cita.

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acorda darlle publicidade á adxudicación do contrato que a continuación se relaciona:

Asistencia pericial ós órganos de Administración de xustiza en Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: asistencia.

b) Descrición do obxecto: asistencia pericial ós órganos de Administración de xustiza en Galicia.

c) Lotes:

Lote 1: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia da Coruña.

Lote 2: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Lugo.

Lote 3: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Ourense.

Lote 4: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Pontevedra.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 54, do 18 de marzo de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento cincuenta mil euros (150.000 A), IVE incluído, segundo a seguinte desagregación:

Lote 1: 55.000 A.

Lote 2: 30.000 A.

Lote 3: 20.000 A.

Lote 4: 45.000 A.

5. Adxudicación.

Lote 1: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia da Coruña.

a) Data: 9 de maio de 2003.

b) Contratista: Eurovaloraciones, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cincuenta e cinco mil euros (55.000 A) IVE incluído.

Lote 2: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Lugo.

a) Data: 9 de maio de 2003.

b) Contratista: Eurovaloraciones, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: trinta mil euros (30.000 A), IVE incluído.

Lote 3: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Ourense.

a) Data: 9 de maio de 2003.

b) Contratista: Eurovaloraciones, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vinte mil euros (20.000 A), IVE incluído.

Lote 4: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Pontevedra.

a) Data: 9 de maio de 2003.

b) Contratista: Eurovaloraciones, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: corenta e cinco mil euros (45.000 A) IVE incluído.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2003.

Manuel Eduardo Martínez Oubiña

Secretario general da Consellería de Xustiza,

Interior e Administración Local