1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: adquisición e instalación duns sistemas de armarios compactos no arquivo do Pazo de Xustiza de Ourense.
b) División por lotes e número: lote único.
c) Lugar de entrega: o arquivo do Pazo de Xustiza de Ourense.
d) Prazo de entrega: un mes contado desde o día seguinte á sinatura do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación. Importe total: 111.000 euros, IVE incluído.
5. Garantía provisional: 2.220 A.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral.
b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfonos: 981 54 62 28 e 981 54 45 17.
e) Telefax: 981 54 46 96.
f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse por un ou varios dos medios sinalados no artigo 16 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
b) Solvencia técnica: deberá xustificarse por un ou varios dos medios sinalados no artigo 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
8. Presentación das ofertas.
a) Data límite da presentación das ofertas: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e rematará o oitavo día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.
2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
e) Admisión de variantes: non.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local. Sala de xuntas.
b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, ás 9.15 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das ofertas; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.
e) Hora: 9.15 horas.
10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.
11. Así mesmo poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2633.
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2003.
Manuel E. Martínez Oubiña
Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior
e Administración Local

