De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro (BOE nº 13, do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a continuación se indican a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código Civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente que consta nesta delegación provincial.
Os interesados poderán interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que corresponda, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega de familia, infancia e adolescencia.
Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Familia, Infancia e Menores da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado en Vigo.
Vigo, 9 de maio de 2003.
Francisco J. González Vicente
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Nº expedientes: 2003/99-5 e 2003/100-5.
Interesada: Mª Elena Monteagudo Picallo.
Enderezo: descoñecido.
Asunto: Resolución do 29 de abril de 2003 e modificación do 7 de maio de 2003 das resolucións administrativas do expediente dos menores.

