Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 17 de xuño de 2003 Páx. 7.951

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 9 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 4 de abril de 2003 de revogación das axudas pola contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral do expediente administrativo FM343G 2001/1070-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de revogación das axudas á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 27-4-2001 (DOG nº 92, do 14 de maio), publícase:

1º Expediente de procedemento: FM 343G 2001/1070-5

Orde da convocatoria: 27 de abril de 2001 (DOG nº 92, do 14 de maio).

Interesado: Granimondi, S.A.

Enderezo: Asesoría Viñas Brea, S.L. Avda. Fernández de la Mora, 1, 1º 36860 Ponteareas (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de data 4-4-2003, ó abeiro da Orde do 27-4-2001.

Resolución:

«Examinada o plan empresarial de incremento da estabilidade laboral, presentado por Francisco Javier Parente Rivera, en nome en representación de Granimondi, S.A. (no seu propio nome) e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes.

Primeiro.-O plan foi presentado o 22-8-2001 e estimada na Resolución do 12-12-2002, pola que se concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 38.494,80 A pola contratación indefinida de 8 traballadores.

Segundo.-O pagamento da subvención concedida condicionouse á presentación da documentación e ó cumprimento das obrigas establecidas na orde de convocatoria.

Terceiro.-O beneficiario non achegou de forma correcta e no prazo indicado a seguinte documentación:

-DNI de Luis Álvarez Gil.

No caso de transformacións:

-O contrato temporal do que trae causa e as súas posibles prórrogas.

-Comunicación da conversión do contrato temporal en indefinido á oficina de emprego.

-Comunicación da variación de datos á Seguridade Social.

-Modelo TA-2 de baixa na Seguridade Social de Ramón Gómez Graña.

-Documentación acreditativa de que se encontran ó día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, e de que non teñen pendente ningunha débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

-Declaración complementaria do establecido no artigo 9.4º da orde de convocatoria, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de se-lo caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas e subvencións.

-Declaración da condición de Peme.

Cuarto.-Na tramitación do presente expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia para coñecer e resolve-la solicitude corresponde, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a esta delegación provincial, de acordo co artigo 7 da Orde do 27 de abril de 2001 (DOG do 14 de abril) pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2001 do programa de incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral, en relación co Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro (DOG do 21 de xaneiro), polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

Segundo.-O artigo 17 da orde reguladora determina a revogación das axudas concedidas nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

RESOLVE:

Revoga-la resolución da delegación provincial da Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 12-12-2002, pola que se concedeu ó interesado unha axuda pola contratación indefinida de 7 traballadores, por un importe total de 38.464,80 euros.

Notifíquese esta resolución ós interesados, facéndolles saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, ante a Sala de Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante esta delegación provincial, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 4 de abril de 2003. P.D. O delegado provincial. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez».

Os correspondentes expedientes obran no Servicio de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 9 de maio de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado Provincial de Pontevedra