De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de revogación das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 10-5-2001 (DOG nº 97, do 22 de maio), publícase:
1º Expediente de procedemento: FM 343B 2001/1148-5
Orde da convocatoria: 10 de maio de 2001 (DOG nº 97, do 22 de maio).
Interesado: Aislamientos y Carrocerías, S.L.
Enderezo: Pontevedra, 6 2ºC 36201 Vigo (Pontevedra).
Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de data 25-3-2003, ó abeiro da Orde do 10-5-2001.
Resolución:
«Examinada a solicitude de axudas pola contratación indefinida de traballadores, presentada por José Antonio Dias Silva, en nome en representación de Aislamientos y Carrocerías, S.L. (no seu propio nome) e tendo en conta os seguintes:
Antecedentes.
Primeiro.-A solicitude foi presentada o 28-9-2001 e estimada na Resolución do 30-5-2002, pola que se concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 2.404,05 A pola contratación indefinida de 1 traballador.
Segundo.-O pagamento da subvención concedida condicionouse á presentación da documentación e ó cumprimento das obrigas establecidas na orde de convocatoria.
Terceiro.-O beneficiario non achegou de forma correcta e no prazo indicado a seguinte documentación:
-Certificados de atoparse o día nos pagamentos á Seguridade Social.
-Certificados de atoparse o día na Axencia Estatal Tributaria.
-Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
-Documentación acreditativa das baixas producidas polas causas previstas na base 9ª do anexo B da orde reguladora.
-Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvención solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto, ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.
-Alta no imposto de actividades económicas; no seu defecto, declaración por parte do representante legal da data de inicio da actividade.
-TC1 e 2, dos meses seguintes: marzo/2002, abril/2001, setembro/2001 e decembro/2000 (as empresas dadas de alta con posterioridade a esas datas presentarán os TC que correspondan e a inscrición da empresa na Seguridade Social, modelo TA-6).
-Declaración da condición de Peme.
Cuarto.-Na tramitación do presente expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.
Fundamentos.
Primeiro.-A competencia para coñecer e resolve-la solicitude corresponde, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a esta delegación provincial, de acordo co artigo 3 da Orde do 10 de maio de 2001 (DOG do 22 de maio) pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2001 do programa da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2001, en relación co Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro (DOG do 21 de xaneiro), polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.
Segundo.-O artigo 11 da orde reguladora determina a revogación das axudas concedidas nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Decreto 287/2000 do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial
RESOLVE:
Revoga-la resolución desta delegación provincial do 30-5-2002, pola que se concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 2.404,05 euros pola contratación indefinida de 1 traballador.
Notifíquese esta resolución ós interesados, facéndolles saber que pon fin a vía administrativa e que contra a mesma cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, ante a Sala de Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante esta delegación provincial, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora
da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Vigo, 25 de marzo de 2003. P.D. O delegado provincial. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez».
Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.
Vigo, 9 de maio de 2003.
Joaquín Macías Sánchez
Delegado Provincial de Pontevedra

