Con data do 23 de maio de 2003 suscribiuse no Concello de Ames un convenio urbanístico para a execución e desenvolvemento da unidade de repar
celación obrigatoria U.R.O. B4-11, de Bertamiráns, entre o alcalde e Carmen Ferreiro Muíña, Josefa Ferreiro Muíña e a entidade Promociones Blanco Barreiro, S.L., propietarios dos terreos que inclúe o ámbito.
O que se somete ó trámite de información pública, significando que durante o prazo de vinte días se poderá examina-lo mencionado convenio urbanístico nas dependencias do Servicio de Urbanismo do Concello de Ames, sitas na rúa Alcalde Lorenzo nº 2, de Bertamiráns, e presentar, se é o caso, as alegacións oportunas, de conformidade co establecido no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Ames, 27 de maio de 2003.
José Astray Lorenzo
Alcalde

