A Comisión de Goberno, en sesión do día 11-3-2003, acordou aprobar inicialmente o proxecto de bases e estatutos da UA 13, sita en Candame, tramitado por instancia da comisión xestora da UA 13, o cal queda sometido a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte a aquel en que se produza a última das publicacións que se inserirán no Diario Oficial de Galicia e no BOP.
Durante este prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presentar alegacións se o estiman conveniente, así como solicita-la súa incorporación á xunta de compensación. (Expediente 85/2002.BE).
Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada esta non se puidese practicar, sirva este anuncio de notificación, coa finalidade e alcance que se prevén no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Arteixo, 23 de abril de 2003.
P.D.(Decreto 587/1999)
María Isabel Vila Vilas
Primeira tenente alcalde

