O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 5 de maio de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle da parcela do colexio Sagrado Corazón na Zapateira, promovido pola congregación de relixiosas Franciscanas do colexio.
Segundo.-Requirir da congregación de relixiosas Franciscanas do colexio promotor do estudio de detalle a presentación, no rexistro municipal, de dous exemplares máis do instrumento de planeamento, que deberán ser idénticos ós previamente presentados o 17 de xaneiro de 2003.
Terceiro.-Publicar este acordo, no prazo máximo dun mes, no Diario Oficial de Galicia e no BOP, e comunicarlle a aprobación ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente.
Cuarto.-Notificarlle o acordo de aprobación definitiva ó promotor do estudio de detalle.
Quinto.-Dilixenciar planos e memoria do estudio de detalle.
Este acordo pon fin á vía administrativa, e pódese interpor contra el, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.
O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos neste acordo.
A Coruña, 12 de maio de 2003.
Salvador Fernández Moreda
Concelleiro delegado de Urbanismo

