A Comisión de Goberno deste Concello, na sesión do 7-5-2003, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da Rúa de Miño, presentado pola sociedade Ponte Baxoi, S.L. e redactado polo arquitecto Sr. Corrochano Casares, coa data de visado do COAG do 27-1-2003. Sométese a información pública durante o prazo de vinte días, mediante a publicación de anuncios no taboleiro de edictos do Concello, DOG e un dos xornais de maior circulación da provincia, conforme establece o art. 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Faise público para o coñecemento xeral, con indicación de que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a publicación do primeiro anuncio ata transcorridos vinte días desde a última publicación.
O expediente atópase ó dispor do público na Secretaría do Concello.
Miño, 14 de maio de 2003.
Deogracias Romeu López
Alcalde

