Na secretaría deste Concello de Negreira, encóntrase exposto ó público o proxecto de reparcelación da unidade de execución número 19 (PXOM de Negreira), e do que son promotores Roberto Suárez Otero e Negredis, S.L., por prazo de 20 días para os efectos de alegacións e reclamacións, de acordo do artigo 103.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia e disposición transitoria primeira da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Negreira, 10 de xuño de 2003.
José Blanco Pazos
Alcalde

