Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 17 de xuño de 2003 Páx. 7.957

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do concello, en sesión do 3 de xuño de 2003, aprobou definitivamente a modificación puntual do proxecto de compensación do sector C zona 1 do polígono industrial de San

Cibrao das Viñas, por instancia da sociedade Inversiones Gabian, S.L., conforme o acordo que transcrito literalmente di:

«Primeiro.-Aproba-la modificación puntual do proxecto de compensación do sector C zona 1 do polígono industrial de San Cibrao das Viñas, redactado polo arquitecto Javier Nogueiras Mascareñas por instancia da sociedade Inversiones Gabian, S.L.

Segundo.-Continua-lo procedemento establecido na Lei 1/1997, do solo de Galicia e R.D. 3288/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de xestión urbanística, por entender que esta lexislación é aplicable ó tratarse dun instrumento de xestión urbanística tramitado e aprobado definitivamente ó abeiro da citada lexislación».

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes contado desde a mesma data.

San Cibrao das Viñas, 4 de junio de 2003.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa