Obxecto do contrato: é a reposición dos servicios afectados de abastecemento e saneamento pola obra da mellora da seguridade vial na C-543, tramo Vidán-Os Ánxeles.
Tipo de licitación: 66.399,44 euros, IVE excluído.
Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de dous meses contados a partir da data da acta de comprobación do replanteo.
Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.
Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela en horas de 9.00 a 14.00, dentro do prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.
Información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.
Documentación: Copy Estudio. R/ Nova de Abaixo, nº 19-21, local 2, teléfono: 981 59 33 85.
Clasificación: non se esixe.
Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto 15.3.3 do prego de cláusulas administrativas.
Garantías.
Provisional: 2% do tipo de licitación: 1.327,99 euros.
Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.
Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12.00 h, o segundo día hábil seguinte, non sábado, ó remate do prazo de presentación de proposicións.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2003.
José A. Sánchez Bugallo
Alcalde

