Ás nove horas do día 28 de xuño de 2003 terá lugar nas dependencias da Garda Civil da Coruña, sitas no lugar de Lonzas-San Cristovo das Viñas, a poxa de armas composta de escopetas, carabinas, rifles, pistolas e revólveres, que serán expostas ó público os días 23, 24, 25, 26 e 27 de xuño, no dito acuartelamento, das nove ás catorce horas, horario no que se entregará o prego de condicións.
A poxa será en sobre pechado e o prazo de entrega deles, coas ofertas, concluirá ás trece horas do día 27 de xuño.
Poden concorrer a elas as persoas que o desexen e que estean legalmente habilitadas para adquirilas.
A Coruña, 12 de maio de 2003.
José Furelos Mogo
Coronel xefe

