A sociedade cooperativa Santa María do Val Sociedade Cooperativa Galega, con domicilio en Vilacornelle, s/n, 15541, do municipio de Narón, A Coruña, con CIF F-15020266, por medio deste anuncio, en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, comunica que na asemblea xeral extraordinaria da cooperativa, na reunión do 4-5-2003, acordou a fusión por absorción das cooperativas Santa María do Val Sociedade Cooperativa Galega e Sociedade Cooperativa de Produc
tores do Campo de Serantes, de responsabilidade limitada en liquidación, resultando a primeira a sociedade absorbente.
Os acredores terán o dereito a opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.
Narón, 5 de maio de 2003.
José García Rey
Presidente
SOCIEDADE COOPERATIVA DE PRODUCTORES DO CAMPO DE
SERANTES

