A Sociedade Cooperativa de Productores do Campo de Serantes, de responsabilidade limitada en liquidación, domiciliada na estrada de Joane, nº 87, 15405 Ferrol, CIF F-15014418, por medio deste anuncio, en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, comunica que na asemblea xeral extraordinaria da cooperativa, na reunión do 4-5-2003, acordou a fusión por absorción das cooperativas Santa María do Val Sociedade Cooperativa Galega e Sociedade Cooperativa de Productores do Campo de Serantes, de responsabilidade limitada en liquidación resultando a primeira a sociedade absorbente.
Os acredores terán o dereito a opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.
Ferrol, 5 de maio de 2003.
José Manuel Piñón Piñón
Presidente da Sociedade Cooperativa
de Productores do Campo de Serantes

