Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 18 de xuño de 2003 Páx. 8.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 24 de abril de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica resolución.

Por medio desta cédula notifícaselle a José Dopico Piñeiro, co último enderezo coñecido en Canedo-Valdoviño-A Coruña, que con data do 13 de xaneiro de 2003 o director xeral de Infraestructuras Agrarias dictou resolución de modificación do acordo de concentración parcelaria da zona de Lourido-O Sequeiro, que se transcribe literalmente no que afecta:

«O acordo de concentración parcelaria da zona de Lourido-O Sequeiro (Valdoviño-A Coruña) foi aprobado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural con data do 15 de febreiro de 2000, foi publicado na forma legalmente prevista e encóntrase pendente de firmeza.

Con posterioridade preséntanse as reclamacións que seguidamente se indicarán:

...

3. José Dopico Piñeiro alega que o seu predio nº 746 está atravesado por un rego e ten moita pendente e carece de acceso, polo que solicita que se lle devolva a súa parcela ou outra do mesmo valor.

...

Vistos os informes técnicos elaborados polo persoal do Servicio Provincial de Infraestructuras Agrarias da Coruña; a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973; a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións legais vixentes de aplicación ó caso, esta dirección xeral, ó abeiro da lexislación vixente, resolve:

1º Modifica-lo acordo de concentración parcelaria da zona de Lourido-O Sequeiro (Valdoviño-A Coruña) no sentido de:

...

1.3. Adxudicarlle a José Dopico Piñeiro o predio nº 534-3 de 25-50 áreas e 153.000 puntos, procedente da relación de terras sobrantes da zona, integrándose nesta, e procedente das asignacións do anteriormente mencionado propietario, o predio nº 746. Coa atribución do predio nº 534-3 compénsase, así mesmo, a perda de superficie e a servidume inherente ó regato que se sitúa no lindeiro norte do dito predio.

...

2º Ordenar que esta resolución se lles notifique ós interesados na forma legalmente prevista».

Contra a devandita resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó desta publicación.

A Coruña, 24 de abril de 2003.

Jesús Collar Urquijo

Delegado provincial da Coruña