Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 18 de xuño de 2003 Páx. 8.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 24 de abril de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica resolución.

Por medio desta cédula notifícaselle a Quesos Quiroga, S.L., co último enderezo coñecido en Lago-Valdoviño, que con data do 14 de xaneiro de 2003 o director xeral de Infraestructuras Agrarias dictou resolución de modificación do acordo de concentración parcelaria da zona de Lourido-O Sequeiro, que se transcribe literalmente no que afecta:

«O acordo de concentración parcelaria da zona de Lourido-O Sequeiro (Valdoviño-A Coruña) foi aprobado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento

Rural con data do 15 de febreiro de 2000, foi publicado na forma legalmente prevista e encóntrase pendente de firmeza.

Con posterioridade preséntanse as reclamacións que seguidamente se indicarán:

...

4. Pedro Pita Balsa solicita o recoñecemento da parcela 368-3 do polígono 3 que figura a nome de Quesos Quiroga, S.L.

En xustificación dos seus dereitos achega auto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Ferrol, de remate de poxa e adxudicación ó hoxe solicitante.

...

Vistos os informes técnicos elaborados polo persoal do Servicio Provincial de Infraestructuras Agrarias da Coruña; a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973; a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións legais vixentes de aplicación ó caso, esta dirección xeral, ó abeiro da lexislación vixente, resolve:

1º Dilixencia-las bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Lourido-O Sequeiro (Valdoviño-A Coruña) no sentido de:

...

1.4. Recoñecer como achegador da parcela nº 368-3 do polígono 3 de bases, con carácter ganancial, a Pedro Pita Balsa, a quen se dá de alta como propietario na zona co nº 993, causando baixa a dita parcela no boletín de Quesos Quiroga, S.L. (prop. 953).

...

2º Consecuentemente co anterior, modifica-lo acordo da citada zona no sentido de:

...

2.4. Integrar nas atribucións de Pedro Pita Balsa (prop. nº 993) o predio nº 984-2 de 31-80 áreas e 73.100 puntos de valor, que causa baixa nas atribucións de Quesos Quiroga, S.L.

...

3º Ordenar que esta resolución se lles notifique ós interesados na forma legalmente prevista».

Contra a devandita resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó desta publicación.

A Coruña, 24 de abril de 2003.

Jesús Collar Urquijo

Delegado provincial da Coruña