Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 18 de xuño de 2003 Páx. 8.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 24 de abril de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica resolución.

Por medio desta cédula notifícaselle a Victorina López Corral, co último enderezo coñecido en rúa San Amaro, 5, Ferrol, que con data do 14 de xaneiro de 2003 o director xeral de Infraestructuras Agrarias dictou resolución de modificación do acordo de concentración parcelaria da zona de Lourido-O Sequeiro, que se transcribe literalmente no que afecta:

«O acordo de concentración parcelaria da zona de Lourido-O Sequeiro (Valdoviño-A Coruña) foi aprobado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural con data do 15 de febreiro de 2000, foi publicado na forma legalmente prevista e encóntrase pendente de firmeza.

Con posterioridade preséntanse as reclamacións que seguidamente se indicarán:

...

1. Rafael Dopico Abelleira solicita o cambio de titularidade da parcela nº 132 do polígono 2 de bases.

En xustificación dos seus dereitos achega escritura pública de compra venda outorgada por Victorina López Corral ante o notario de Ferrol, José Cora Guerreiro, o 25 de novembro de 1996, debidamente liquidado.

...

Vistos os informes técnicos elaborados polo persoal do Servicio Provincial de Infraestructuras Agrarias da Coruña; a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973; a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións legais vixentes de aplicación ó caso, esta dirección xeral, ó abeiro da lexislación vixente, resolve:

1º Dilixencia-las bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Lourido-O Sequeiro (Valdoviño-A Coruña) no sentido de:

1.1. Recoñecer como achegador da parcela nº 132 do polígono 2 de bases, con carácter ganancial, a Rafael Dopico Abelleira, que de dá de alta como propietario da zona co nº 990, causando baixa como tal Victorina López Corral, propietario nº 825.

...

2º Consecuentemente co anterior, modifica-lo acordo da citada zona no sentido de:

2.1. Dar de baixa nas atribucións de Victorina López Corral (prop. nº 825) o predio nº 562, que pasa a constar nas asignacións de Rafael Dopico Abelleira (prop. nº 990).

...

3º Ordenar que esta resolución se lles notifique ós interesados na forma legalmente prevista».

Contra a devandita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó desta publicación.

A Coruña, 24 de abril de 2003.

Jesús Collar Urquijo

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO