De conformidade co establecido na Orde do 7 de febreiro de 2003, sobre delegación de competencias
en órganos centrais e periféricos da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, esta delegación provincial resolve anuncia-la adxudicación da contratación da subministración que a continuación se cita:
1. Obxecto: reposición do ascensor principal da Residencia do Maior Nosa Señora dos Milagros de Cabeza de Vaca. Barbadás (Ourense), convocado no DOG o día 29 de xaneiro de 2003.
2. Adxudicatario: Alicatados y Revestimientos Gómez Crespo, S.L.
3. Importe: cincuenta e sete mil catrocentos doce euros (57.412 euros).
4. Prazo de execución: tres (3) meses.
Ourense, 12 de maio de 2003.
José Lage Lage
Delegado provincial de Ourense

