Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 114, do venres 13 de xuño pasado, acórdase:
Primeiro.-No punto 9 do texto do anuncio onde di: «Apertura de ofertas: terá lugar na Sala de xuntas da Consellería situada no enderezo indicado no punto 6, ás 9.30 horas do quinto día natural seguinte ó da publicación da presente resolución», debe dicir: «Apertura de ofertas: terá lugar na Sala de xuntas da Consellería situada no enderezo indicado no punto 6, ás 9.30 horas do quinto día natural seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas».
Segundo.-Esta corrección de erros non altera o prazo de presentación de ofertas que figura na resolución que agora se corrixe.
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2003.
Mª Jesús Yebra Biurrun
Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,
Emprego e Relacións Laborais

