Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 18 de xuño de 2003 Páx. 8.023

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 9 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 17 de febreiro de 2003 de denegación das axudas á contratación indefinida de colectivos desfavorecidos do expediente administrativo FM343B 2002/335-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de denegación da solicitude das axudas á contratación indefinida de colectivos desfavorecidos do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 5-7-2002 (DOG nº 134, do 12 de xullo), publícase:

1. Expediente de procedemento: FM343B 2002/ 335-5.

Orde da convocatoria: 5 de xullo de 2002 (DOG nº 134, do 12 de xullo).

Interesado: Marcos Rodríguez Rodiño.

Enderezo: rúa Alameda, 00008, 36001 Pontevedra.

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais do 17 de febreiro de 2003, ó abeiro da Orde do 5-7-2002.

«Resolución:

Antecedentes.

Primeiro.-A solicitude do tipo de axuda que se indica foi presentada o 23-4-2002.

-Axuda pola contratación indefinida dun traballador que teña a consideración de colectivos desfavorecidos segundo o artigo 3.1º da orde de convocatoria.

Segundo.-Das actuacións realizadas e da documentación incluída no expediente resulta o incumprimento dos requisitos esixidos para a concesión das axudas solicitadas en virtude dos motivos indicados no fundamento segundo.

Terceiro.-Na tramitación do expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia para coñecer e resolver esta solicitude correspóndelle, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a esta delegación provincial, de acordo co artigo 10 e a disposición adicional terceira da Orde do 5 de xullo de 2002 (DOG do 12 de xullo) pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2002 do programa de fomento da estabilidade e da contratación por conta allea de colectivos desfavorecidos, en relación co Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a estruc-

tura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

Segundo.-O incumprimento dos requisitos e condicións esixidos na orde reguladora está motivado polas razóns seguintes:

A persoa contratada non está incluída no ámbito de aplicación da axuda solicitada (colectivo do artigo 3.1º c), dado que o tempo de desemprego no momento da contratación é inferior a 12 meses.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

ACORDA:

Desestima-la solicitude de axudas presentada por Marcos Rodríguez Rodiño, polas razóns expostas no fundamento segundo desta resolución.

Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 17 de febreiro de 2003. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 9 de maio de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra