De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de denegación da solicitude das axudas á contratación en prácticas e para a innovación tecnolóxica do expediente administrativo, consonte o establecido
na Orde do 5-7-2002 (DOG nº 135, do 15 de xullo), publícase:
1º Expediente de procedemento: FM 343D 2002/629-5.
Orde da convocatoria: 5 de xullo de 2002 (DOG nº 135, do 15 de xullo).
Interesado: Asi-Red Servicios Telemáticos, S.L.L.
Enderezo: Progreso 36, 3º B 36202 Vigo (Pontevedra).
Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais do 24 de febreiro de 2003, ó abeiro da Orde do 5-7-2002.
Resolución:
Antecedentes.
Primeiro: a solicitude de axudas á contratación en prácticas foi presentada o 26-9-2002.
Segundo: das actuacións realizadas e da documentación incluída no expediente resulta o incumprimento dos requisitos esixidos para a concesión das axudas solicitadas en virtude dos motivos indicados no fundamento segundo.
Terceiro: na tramitación do expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.
Fundamentos.
Primeiro: a competencia para coñecer e resolver esta solicitude correspóndelle, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a esta delegación provincial, de acordo co artigo 13 e a disposición adicional terceira da Orde do 5 de xullo de 2002 (DOG do 15) pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2002 do programa de fomento dos contratos en prácticas e para a innovación tecnolóxica, en relación co Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.
Segundo: o incumprimento dos requisitos e condicións esixidos na orde reguladora está motivado polas razóns seguintes:
A solicitude foi presentada o 26-9-2002, despois da data de finalización (10-9-2002) do prazo establecido no artigo 14.2º para o suposto das contratacións anteriores á súa entrada en vigor (16-7-2002).
Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial
ACORDA:
Desestima-la solicitude de axudas presentada por Asi-Red, Servicios Telemáticos, S.L.L., polas razóns expostas no fundamento segundo desta resolución.
Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa
notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Vigo, 24 de febreiro de 2003. P.D. O delegado provincial. Joaquín Macías Sánchez.
Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.
Vigo, 9 de maio de 2003.
Joaquín Macías Sánchez
Delegado provincial de Pontevedra

