Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 18 de xuño de 2003 Páx. 8.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 21 de maio de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación de resolución de arquivo da subvención dictada en relación cos expedientes que no anexo se relacionan, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), intentada a notificación persoal no domicilio dos interesados sen que esta se puidese practicar, notifícaselle-la resolución do delegado provincial da CPTOPV, pola que se acorda o arquivo das actuacións sen máis trámite, que literalmente di:

«Transcorrido o prazo de quince días hábiles desde a súa publicación no DOG do 14 de abril de 2003, para a emenda das deficiencias observadas na solicitude da subvención por compra dunha vivenda declarada protexida, considérase que desistiu da petición, polo que se procede, ó abeiro do disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ó arquivo do expediente.

Motivos do arquivo:

-Non achega-la documentación requirida dentro do prazo concedido.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras

Públicas e Vivenda, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Pontevedra, 13 de maio de 2003. Delegado provincial. José Manuel González Álvarez».

Pontevedra, 21 de maio de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36-G-0497/2002.

Interesado: Daniel Gil Fernández.

Último enderezo coñecido: avda. Cambados, núm. 100, ático C (Vilagarcía de Arousa).

Intentos de notificación persoal: o 15-5-2003 ás 13.55 horas.

Expediente: 36-G-0246/2002.

Interesado: Alfonso Padín Fernández.

Último enderezo coñecido: avda. Cambados, núm. 100, 2º B (Vilagarcía de Arousa).

Intentos de notificación persoal: o 15-5-2003 ás 13.55 horas.

Expediente: 36-G-0244/2002.

Interesado: David Alfo Rial.

Último enderezo coñecido: avda. Cambados, núm. 100, 2º A (Vilagarcía de Arousa).

Intentos de notificación persoal: o 15-5-2003 ás 13.55 horas.

Expediente: 36-G-0431/2002.

Interesado: Manuel Novoa López.

Último enderezo coñecido: rúa Fermín Bouza Brey, núm. 21, 2º F (A Estrada).

Intentos de notificación persoal: o 14-5-2003 ás 11.00 horas.